Presentación do Partido Galego en PONTECESO

O venres 17 de marzo presentouse o primeiro tramo da candidatura do PG para o concello de Ponteceso.

Un acto multitudinario na discoteca Teyma de Ponteceso, na que o candidato a alcaldía Juán Vidal Torrado, demostrou tanto pola súa intervención como polo aprecio demostrado polos presentes que é a persoa idónea a asumir a alcaldía de Ponteceso o 28 de maio.

Despois dunha lexislatura convulsa, Ponteceso é un dos concellos onde máis cábalas se fan sobre os posibles resultados.

Presentou o acto Oscar, un compañeiro da Agrupación con ampla experiencia na corporación municipal.

Abriu o acto Suso Ares, Coordinador Xeral do Partido Galego, que transmitiu o total apoio do partido a candidatura a ao alcaldable Juán, de quen dixo “é unha boa persoa, esa é a garantía para facer unha boa política”

A continuación interviu o acaldable  Juan Vidal,  o candidato pide o apoio para o Partido Galego e promete serenidade, humildade e “pór enriba da mesa o valor das persoas como principal activo para mellorar as catorce parroquias do concello”.

Tamén transmitiu ser “persoa ao servizo da veciñanza dende antes de ser maior de idade, e a partir dese momento está inmerso de forma permanente en diversas entidades sociais, sempre ao servizo da veciñanza, esa é a súa carta de presentación da paixón por axudar a quen o precisa por vocación persoal, e con esa vocación aspira a alcaldía para cambiar de vez as formas de facer política en Ponteceso e poñer o concello ao servizo da veciñanza, non como agora onde o actual alcalde ten o concello secuestrado e ao seu servizo persoal”

Remataron o acto os membros do equipo da formación en Ponteceso como a actual concelleira Raquel Fondo e Fernando Castro, Tania Rabuñal, José Manuel Abelenda, María Jesús Ordóñez e Lorena Oreiro.

                     

                      Suso Ares (Coordinador Xeral do PG)

JUÁN VIDAL TORRADO. (candidato á alcaldía de Ponteceso)