Presentación do PARTIDO GALEGO en Ourense

O Partido Galego dentro da estratexia de implantación por toda Galicia, escolle neste caso a cidade de Ourense, o concello de referencia da provincia por razóns poboacionais, estratéxicas, económicas e tractoras da súa contorna.

Neste senso e co obxectivo de servir á veciñanza de Ourense en Particular pero tamén un avance do que vai ser por todo o territorio da provincia, puxeron en valor as potencialidades destas terras. O Presidente do partido explicou as razóns polas que é necesario a representación do Partido Galego nos concellos de Ourense e en particular da capital pola situación de parálise e desnorte que vive esta cidade, co actual gobernante que fai máis teatro que política e que por autoritario consigueu quedarse só coas consecuencias desastrosas que eso acarrea nun gran concello como Ourense. Pola outra parte o Secretario Xeral Maxi Vázquez, resaltou a necesidade de grupos do PG para conseguir consensos e políticas do sentido común, políticas galeguistas e centradas no País, en definitiva sermos útiles para a veciñanza.

de esda. á dereita:

Moncho Padrón (concelleiro en Barbadás), Marcial Vázquez (de Ourense),  Xosé Mosquera (de Ourense),   e J. Antonio González (de Ourense)