Para baixar o programa electoral, preme no PDF

Encontro entre a dirección nacional e a Agrupación de Ponteceso

Sábado, 7 de outubro de 2023

Dentro do proceso pre-congresual e seguindo o guión establecido, este sábado reunión coa Agrupación de Ponteceso onde comezamos o percorrido polos concellos nos que o PG presentou candidaturas municipais.

Estivemos acompañados de boa parte do grupo, non todos por motivos de axenda, pero si dos que teñen asumido as responsabilidades públicas máis relevantes, concellarías e secretaría local.

A reunión tivo lugar no local do PG,  no Campo da Feira, 6 na Trabe en Ponteceso.

Tanto o Portavoz Municipal e Tenente Alcalde Juán Vidal como a concelleira Raquel Fondo, transmitiron as accións de goberno realizadas así como as iniciativas propias como Partido Galego para Ponteceso neste curto período de tres meses.

Juán Vidal Torrado, Primeiro tenente de Alcalde. Concelleiro delegado en “Área de Mobilidade, Seguridade, Emerxencias e Servizos.

Mobilidade: tránsito, transporte e sinalización viaria.

Seguridade: Policía Local

Emerxencias e Servizos: Protección civil e Grupo de Emerxencias supramunicipais (GES)

Raquel Fondo Pérez,  Cuarta tenente de Alcalde. Concelleira delegada na Área de Deportes.

Deportes: todo o relacionado coa promoción e práctica deportiva, e relación cos clubes deportivos.

Deron conta dalgúns retos vinculados a servizos municipais e as problemáticas económicas do concello, pola “bancarrota” que deixou o anterior alcalde.

En representación da Executiva Nacional (agora Comisión Xestora) estiveron Suso Ares e César Pazos, quen deron explicación pormenorizada das motivacións polas que se producía a reunión, así como os retos inmediatos co motivo do vindeiro Congreso do partido.

Igualmente se brindou o total apoio á Agrupación de Ponteceso en xeral e ao Grupo Municipal en particular, para resolver todo tipo de problemáticas que poidan xurdir na política municipal, así como animar a participar de políticas supramunicipais e de ámbito galego que todas afectan dun ou doutro xeito ao eido municipal.

Valoración moi positiva deste encontro, pola boa disposición da Agrupación de Ponteceso, pola súa labor realizada, pola súa implicación co PG demostrada, pola súa experiencia adquirida da lexislatura anterior e pola ilusión que nos trasladaron ao conxunto do partido.

Suso, Modesto, César, Raquel, Juán, Eugenio, Faustino e Fernando.

Candidatura ás Eleccións Municipais do 28 de maio de 2023

Acto de presentación do LOCAL pola Agrupación e Candidatura do PG en Ponteceso

O Partido Galego de Ponteceso inagura local no Campo da Feira nº 6,.

Entre os obxectivos está impulsar a súa acción politica no Concello buscando a participación veciñal, e con ela virá a maior transparencia, maior responsabilidade, e sobre todo legalidade e honestidade en todo o que é de toda a veciñanza de Ponteceso.

Abril de 2023.