Plan Forestal de Galicia (PROPOSTAS DO PG)

O monocultivo do eucalipto cobra especial importancia coa proposta do novo Plan
Forestal de Galicia. Deste xeito, as accións do PFG repercutirán en moitos aspectos
económicos, ambientais e sociais para os galegos e o noso país.
O Partido Galego aposta por unha industria forestal potente, onde o monte sexa unha
fonte de aforro e riqueza diversa no rural, así coma de beneficios económicos cun maior
valor engadido. Estamos dispostos a loitar para que medre e compita máis e mellor. Así
mesmo, apostamos polo auxe de actividades económicas que inflúan positivamente no
poboamento do rural. O que está claro é que iso non se logrará cunha política
forestal basada soamente no eucalipto.
Na actualidade, en Galicia, os eucaliptos ocupan unha extensión superior a toda a
Provincia de Pontevedra, cifra que sobrepasa as previsións fixadas para o 2040 e supón
a presenza de moitos máis eucaliptos na nosa terra ca no seu país de orixe (Australia). A
presenza destas árbores nos montes, ríos, terras de cultivo, espazos naturais, xacementos
arqueolóxicos, etc, non só é unha realidade, senón unha anormalidade , onde semellan
non existir limitacións, regulamento ou control.


Instamos a Xunta de Galicia a que:
● Faga cumprir a lexislación existente de xeito inmediato . A Xunta debe deixar
de mirar para outro lado e facer que se cumpran as normas vixentes.
Prepare un plan estratéxico nacional de plantacións rentables alternativas ó
eucalipto, como poden ser as coníferas de alto valor engadido, onde se potencie
unha redución progresiva da superficie do eucalipto. Desta maneira será posible
acadar unha maior superficie en especies e bosques autóctonos e solo agrario.
Evite a desinformación dos propietarios de montes particulares, dando
acceso ós datos do Plan Estratéxico e ós soportes técnico e económico, co fin de
acurtar as distancias entre os productores e industria .
Inicie a verdadeira diversificación do monte , impulsando con axudas fiscais e
directas as frondosas de madeira de calidade .
● Potencie as novas industrias agroforestais .
O Partido Galego posiciónase en total apoio e colaboración con calquera proposta
política, ecolóxica ou social orientada a modelos mais sustentables e beneficiosos
para Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *