Encontro galeguista en PADRÓN

O 18 de novembro de 2023, organizamos un encontro galeguista no concello de Padrón, co obxectivo de confraternizar unha data de cambio estacional que marca o calendario ancestral celta, e que se simboliza no Samaín un Encontro Galeguista que se pretende normalizar cada ano nun concello, rotando por toda Galicia.

A elección deste concello ten un significado político especial, entre outras motivacións porque e terra que deu vida a persoas históricas para Galicia como Xoán Rodríguez de Padrón, Camilo José Cela e por suposto aos grandes do galeguismo Manuel Murguía e Rosalía de Castro.

O encontro serviu para convivio de militantes de varios concellos, que dende as Eleccións Municipais non tiveran a oportunidade de volver a cadrar, ao tempo que aproveitaron para coñecer a máis xente do partido e impulsar a Agrupación de Padrón que ten as bases formalizadas con varias persoas e unha Secretaría Local encabezada por J. Ramón Perol.

Moitas intervencións nas que se demostrou a implicación e fortaleza da militancia, optimismo e gañas de facer política diferente, a do galeguismo auténtico, a do País en maiúsculas, a do orgullo galego.

Queremos e cremos na Galicia das súas propias potencialidades, un novo rexurdir, “Galicia Rexorde”

Baterías cargadas e felicitacións aos compañeiros/as de Padrón pola organización e bo facer.