Xosé Mosquera Casero (San Cristovo de Cea, 1956) é o candidato confirmado á alcaldía de Ourense para as eleccións do próximo mes de maio.

Será presentado polo Partido Galego, formación que se define como “galeguista, europeísta e ecoloxista”.

O veterano político -que acaba de retirarse do seu traballo como funcionario na Deputación- colaborou activamente co Partido Galeguista, o Partido Nacionalista Galego, Coalición Galega, BNG e Compromiso por Galicia. Para esta última formación presentouse á alcaldía de Ourense en 2015 e abandonou a súa adhesión a ela en 2018, cando a dirección do partido manobrou para situar ao hostaleiro Tino Iglesias como cabeza de lista para as eleccións de 2019.

Agora, co novo Partido Galego, Xosé Mosquera pretende “desterrar a linguaxe política ou o insulto e o desprezo” así como “impoñer ou dialogar tranquilo e razoado” tanto co resto de partidos como coas asociacións ou responsables veciñais. Entre as súas prioridades figuran a navegación do río Miño, a captación de fondos externos, a aprobación anual dos orzamentos, a transparencia, o coidado de rúas e parques e o apoio ao tecido comercial da cidade.

Preme na foto para acceder ao vídeo   

Presentación do PG en OUrense

O Partido Galego dentro da estratexia de implantación por toda Galicia, escolle neste caso a cidade de Ourense o 4 de novembro de 2022.
Concello de referencia da provincia por razóns poboacionais, estratéxicas, económicas e tractoras da súa contorna. Neste senso e co obxectivo de servir á veciñanza de Ourense en Particular pero tamén un avance do que vai ser por todo o territorio da provincia, puxeron en valor as potencialidades destas terras o Presidente do PG Xosé Mosquera e ao tempo veciño de Ourense, Moncho Padrón (concelleiro en Barbadás), Marcial Vázquez (de Ourense) e J. Antonio González (de Ourense)