Obxectivo, acadar a “xustiza social”

20 DE FEBREIRO, DÍA MUNDIAL DA XUSTIZA SOCIAL.

No PARTIDO GALEGO traballamos para conseguir que os 5 piares do estado do benestar (educación, sanidade, pensións, servizos sociais e renda básica universal) se acaden como un ben común.

Somos conscientes que para acadar esa cota de benestar é preciso un sistema económico forte e solvente. Para chegar ao financiamento destes servizos é necesario actuar dende a centralidade e transversalidade politica, para acadar o obxectivo que é a xustiza social.

Entendemos ademais a xustiza social dende o punto de vista dos pobos e dos estados, pois así poderemos practicar esta entre persoas. Estes obxectivos levan implícito políticas de redistribución e ao tempo non prexudicar o esforzo laboral e empresarial que de forma desigual practicamos as persoas.

A xustiza social está composta de moitos mecanismos entre os cales está a creación de oportunidades e non a subvención de vontades.