O Partido Galego ten como un dos piares do benestar a EDUCACIÓN

Descripción: LOGO (resaltado)156kv

Este motivo é o que nos leva a sacar este comunicado, resaltando o día que hoxe se celebra como o

Día Internacional da Educación

Apostamos por unha educación de calidade nun sistema que, de xeito efectivo, poña á/ao educanda/o no centro do proceso educativo, atendendo á diversidade e á súa aprendizaxe significativa e que promova a formación integral e permanente das persoas ao longo de toda a vida, garantindo unha adquisición de competencias profesionais e vivenciais congruente co seu benestar.

Apostamos por unha educación ancorada na contorna social, económica, cultural e ambiental, con proxección europeísta e global, que tome como punto de partida as capacidades e potencialidades da/o educanda/o, para construír un futuro galego máis sostible.

A educación é un piar fundamental da igualdade de oportunidades, que nos debe levar a fomentar unha xeración de persoas respectuosas que consigan suprimir por exemplo a violencia de xénero, o bullying, mobbing,   o maltrato xeracional e tantos problemas que teñen a súa fase embrionaria na deficiente educación, a que debe estar aderezada co respecto correspondente.

Domingo, 24 de xaneiro de 2021

Comisión Permanente

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *