Dia-Mundial-Educacion-Ambiental
Nesta data queremos facer un chamamento á imperiosa necesidade de promover a educación ambiental a todos os niveis sociais, entendéndoa como estratexia transversal e como ferramenta principal para reverter a situación de deterioro ambiental que estamos a sufrir.
Promovemos unha educación ambiental que capacite á poboación nos coñecementos, actitudes e aptitudes congruentes cunha ética ecolóxica que lles permita participar individual e colectivamente na detección e solución dos problemas ambientais actuais e futuros, dende o local con perspectiva global.
Dende o Partido Galego consideramos máis necesaria que nunca, unha educación para a acción, que reconecte de facto á nosa comunidade coa contorna, entendendo o noso rol e responsabilidade para con ela.
Os grandes retos que se nos están expoñendo como especie no planeta, so se resolven dende a convicción dos problemas e por suposto dende a filosofía de “pensa global pero actúa local”. Precisamos moita educación ambiental para elaborar e practicar boas políticas a resolver: o cambio climático, a regulación do coidado da auga, a soberanía alimentaria, a regulación dos recursos naturais como un ben e aproveitamento social, etc.
Martes, 26 de xaneiro de 2021
Comisión Permanente
https://partidogalego.gal/wp-content/uploads/2021/01/Educacion-ambiental1-3.jpg