Nova PEAXE do PSOE para autovías… (Alternativas do PG)

Dende o PARTIDO GALEGO considérase un despropósito e unha grave medida.

Análise e consecuencias das posibles novas peaxes

  • O Partido Galego oponse a esta medida impositiva, xa que os impostos xerados a través do consumo de combustibles, imposto de circulación, IVE na merca de vehículos novos e usados, etc. ; xa son suficientes para o mantemento das vías de comunicación.
  • Os usuarios máis afectados serán os do sector laboral e empresarial no transporte de mercancías, co impacto negativo que xeraría sobre as economías familiares, empresariais e no conxunto da sociedade.
  • A dispersión da poboación, sobre todo en Galicia, agravaría dun xeito importante a situación económica, debido aos necesarios movementos diarios de gran parte da poboación.
  • Os usuarios volverían en parte a circular por estradas nacionais, autonómicas e secundarias; coa consecuente problemática de atascos, incremento de sancións, retraso nos movementos e transportes coa perda de competitividade engadida, etc…
  • O desvío do tráfico por estradas secundarias levaría consigo o incremento da inseguridade viaria, dado o altísimo número de travesías e núcleos de poboación que habería que sortear en calquera traxecto ao longo e ancho de Galicia.
  • As peaxes serían un paso máis na marxinación de todas as comunidades a respecto de Madrid, tendo en conta a influencia que esta exerce xa con medidas fiscais de competencia discriminatoria co resto, concentrando con estas un crecente mercado industrial e poboacional.
  • As peaxes aos movementos serán un factor máis para despoboar o rural e pequenas vilas, concentrándose cada vez máis a poboación nas cidades, non só en Galicia, senón tamén en todo o Estado, agravando consigo unha listaxe de problemas vinculados.
  • O cambio de tendencia no consumo de recursos destinados á mobilidade, pasando dos derivados do petróleo a enerxías sustentables e de xeración integramente no territorio estatal ou europeo, debe traer acompañado un plus de fondos que poden axudar ao mantemento da rede de estradas.

Propostas:

  • Mellora e eficiencia na xestión pública dos recursos en xeral e na xestión dos actuais impostos vinculados á automoción en particular.
  • Aplicar medidas correctoras na distribución de fondos estatais. Como exemplo está a Comunidade de Madrid da que se poderían detraer parte deses fondos en función da alta densidade de poboación concentrada, o que supón no seu caso unha ausencia de mobilidade a respecto da perifeira, etc…
  • Supresión total das peaxes, tanto das actuais nas autopistas como as que se pretenden implantar nas autovías.