Nova Agrupación Local en Santiago

O PG presenta a Agrupación Local en Santiago

O Partido Galego presentou este venres a persoa que se vai encargar da Secretaría Local

Dentro da estratexia de presentación de candidaturas nas sete cidades máis grandes de Galicia, o PG continua en Santiago coa ronda de presentacións públicas.

Neste acto estiveron presentes varios membros da Agrupación Local e da Executiva Nacional, entre eles a Secretaria de Finanzas e o Secretario de Coordinación Xeral, arroupando a Maxi Vázquez e Beatriz Estévez como representantes da Agrupación de Compostela.

Abriu o acto Maxi Vazquez como voceiro do Partido e membro da agrupación de Santiago,  que fixo unha introdución sobre a constitución do partido, o que significa de beneficioso para o País e os pasos que se están dando de cara á consolidación do proxecto e camiñando con forza cara as municipais 2023, incidindo na idea de política útil do Partido Galego.

Beatriz Estévez, licenciada e doutorada en dereito pola USC, é a nova Secretaria Local de Santiago, desenvolve a súa actividade profesional como avogada e mestra.

Na súa intervención incidiu na necesidade de darlle un cambio político ó concello de Santiago e para iso aportou entre outras as seguintes propostas:

  • Elaborar un plan estratéxico de cidade para medio/longo prazo. E no curto prazo mellorar a habitabilidade da cidadanía.
  • Dinamización comercial e empresarial do ensanche.
  • Dotación de servizos para o casco histórico.
  • Humanización e dotación de servizos para o extrarradio e o rural compostelán.
  • Poñer en valor o aspecto universal da cidade co desenvolvemento de accións de alto impacto cultural, social e económico.
  • Incrementar a seguridade en toda a cidade e en especial en determinados barrios da mesma (San Pedro, Sar…) onde a ocupación de vivendas e o tráfico de drogas están a supor unha grande preocupación para a cidadanía en xeral e para emprendedores en particular.
  • Axilizar e priorizar a conexión da intermodal co aeroporto.
  • Reforzar a liña de ferro con Vilagarcía, por ser este concello xunto con Padrón as entradas marítimas a Compostela.
  • Incidir nun plan de turismo de calidade e permanência ou pernocta na capital de Galicia e na súa área metropolitana.

A Executiva Nacional

A Agrupación Local de Santiago

Diante e no centro:

Maxi Vázquez e Beatriz Estévez