Para baixar o programa electoral, preme no pdf

 

Candidatura municipal do PG en Monterroso

Presentación da candidatura ás Eleccións Municipais na Casa da Cultura de Monterroso.

Un acto que os veciños e veciñas respaldaron coa súa presenza, enchendo este local e animando ao conxunto da candidatura e a Xabier como candidato á alcaldía.

Tamén asistiron membros da Executiva Nacional do PG e outros compañeiros do CN

APERTURA DE LOCAL ELECTORAL DO PARTIDO GALEGO EN MONTERROSO

A emerxente Agrupación do PARTIDO GALEGO de Monterroso, dou a coñecer este mércores día 1 de marzo, cadrando co día de feira habitual do “primeiro de mes” o LOCAL ELECTORAL do partido

Estiveron a maioría dos membros da candidatura e o concelleiro e coordinador da mesma Xabier Vázquez.

Contaron coa implicación de varios membros da Executiva e do Consello Nacional do PG como Mosquera, Suso Ares, Antonio Díaz e Henri Geada e compañeiros da recén creada nova Agrupación de Samos como Saúl, dando un respaldo a boa labor de Xabier nestes catro anos de lexislatura como concelleiro e durante un tempo alcalde.

Tamén acompañaron por amizade persoal ao noso concelleiro-portavoz, o alcalde de Becerreá Manolo Martínez e o ex-conselleiro Pachi Vázquez

No percorrido pola feira, tanto o Portavoz municipal Xabier como os membros da candidatura, recibiron numerosas mostras de apoio á candidatura do Partido Galego, e mesmo lle mostraron cariño e bos desexos como as frases “desta vai”, ou “xa e hora que Xabier sexas alcalde para os catro anos”…

O xantar nunha carpa da feira entre veciños e compañeiros da candidatura, foi o remate desta xornada de presentación pública e empatía coa veciñanza de Monterroso.