Igualdade salarial sen condición de xénero

No día Europeo da Igualdade Salarial, facemos un chamamento a colaborar nesta tarefa de enorme calado, para mellorar a vida de moita xente, maioritariamente mulleres.

 

Aparentemente xa existe igualdade salarial entre homes e mulleres. De feito, nunha mesma empresa, para o mesmo posto de traballo, é difícil atopar diferenzas. E, sen embargo, esas diferenzas existen. A problemática no noso ámbito GALICIA, está máis focalizado no plano social que no empresarial.

As causas do desequilibrio son varias e case sempre fundamentadas polo amplo papel da muller na súa implicación máis alá do ámbito laboral (familiar, comunitario, matriarcal, etc), así como da minusvalorización do seu traballo.

Para resolver esta desigualdade é necesario adoptar as seguintes medidas:

 

Propostas de solución estruturais.

  • Facilitar a conciliación da vida laboral e familiar reforzando o Servizo de Axuda, fomentando a participación, implicación e promoción da presenza masculina no Fogar e ofertando máis prazas en centros de día e en escolas infantís.
  • Mellorar as condicións de homes e mulleres mediante o salario emocional: flexibilidade horaria en beneficio do traballador/a, co-pago de ximnasios, piscinas, etc.
  • Políticas facilitadoras e compensadoras ás empresas, autónomos e empregadas, para solucionar definitivamente o retorno ao ámbito laboral por motivos de conciliación e derivados.
  • Protocolos de valoración obxectiva implementados aos contratos, onde se teña en conta pluses de produtividade.
  • Compensación económica rendible para as tarefas que se deriven do coidado de maiores familiares, ou casuísticas do ámbito, nas que actualmente so se sufragan ao estilo de axuda non salarial.
  • Fomento do incremento salarial dos sectores máis feminizados para que o prezo por hora traballada se asemelle á media da mesma categoría profesional nos sectores non feminizados, favorecendo a aprobación de convenios xustos e equiparables nestes sectores ao resto.
  • Programas educativos no fomento da igualdade con estes criterios de obxectividade.