PACO

Francisco Villanueva González (Paco)

Presidencia 

LUGO. Profesional do ámbito sanitario.

Referente político e social, implicado de sempre en organizacións sociais de diferentes sectores. Persoa de fortes conviccións de País, e un ideólogo na forma de sementar o galeguismo  do PG.

MIGUEL

Miguel Míguez Magdalena

Secretaría Xeral

O GROVE. Profesional no ámbito empresarial da acuicultura.

Experiencia política no ámbito do galeguismo. Dende moi novo implicado nas organizacións políticas xuvenís de base. 

SUSO

Xesús Ares Gómez (Suso)

Coordinación Xeral e Organización 

SANTIAGO. Profesional do ámbito empresarial da restauración, comética e outros dende o dousmil. Actividades que  compaxina coa xestión de administración política.

Implicación dende a mocidade no nacionalismo e galeguismo, sendo electo no ano 95 Portavoz municipal.

NEREA

Nerea Vico González

BRIÓN. Profesional no  ámbito da hostalería e xestión de restauración.

Galeguista de  convicción. Descendente de familia asentada en Galicia, é todo un exemplo de compromiso co País.

Patricia.1

Patricia Rodríguez Cruz

Secretaría Nacional de Servizos Públicos, Cultura e Deportes

CARBALLO. Profesional do ámbito sanitario e de loxística no textil.

Participou en candidaturas de perfil galeguista en Carballo e na colaboración de iniciativas sociais.

ANXO

Anxo Franco Vidal.

Secretaría Nacional de Finanzas.

DODRO. Profesional no ámbito da seguridade laboral.

A implicación política ben dende moi novo, participando en numerosas candidaturas e exercendo de Tenente de Alcalde no seu concello de Dodro.

FRANCISCO

Francisco Rodríguez Porto (Fran)

Coordinación Territorial de Pontevedra.

Secretaría Local de Salvaterra do Miño

Profesional liberal, emprendedor en varios ámbitos de talento innato no mundo laboral.

Está a desenvolver un intenso traballo político exercendo de Coordinador do PG no territorio da provincia de Pontevedra.