PACO

Francisco Villanueva González (Paco)

Presidencia 

LUGO. Profesional do ámbito sanitario.

Referente político e social, implicado de sempre en organizacións sociais de diferentes sectores. Persoa de fortes conviccións de País, e un ideólogo na forma de sementar o galeguismo  do PG.

MIGUEL

Miguel Míguez Magdalena

Secretaría Xeral

O GROVE. Profesional no ámbito empresarial da acuicultura.

Experiencia política no ámbito do galeguismo. Dende moi novo implicado nas organizacións políticas xuvenís de base. 

SUSO

Xesús Ares Gómez (Suso)

Coordinación Xeral e Organización 

SANTIAGO. Profesional do ámbito empresarial da restauración dende os dousmil, que  compaxina coa xestión de administración política.

Implicación dende a mocidade no nacionalismo e galeguismo, sendo electo no ano 95 Portavoz municipal.

NEREA

Nerea Vico González

BRIÓN. Profesional no  ámbito da hostalería e xestión de restauración.

Galeguista de  convicción. Descendente de familia asentada en Galicia, é todo un exemplo de compromiso co País.

Patricia.1

Patricia Rodríguez Cruz

Secretaría Nacional de Servizos Públicos, Cultura e Deportes

CARBALLO. Profesional do ámbito sanitario e de loxística no textil.

Participou en candidaturas de perfil galeguista en Carballo e na colaboración de iniciativas sociais.

ANXO

Anxo Franco Vidal.

Secretaría Nacional de Finanzas.

DODRO. Profesional no ámbito da seguridade laboral.

A implicación política ben dende moi novo, participando en numerosas candidaturas e exercendo de Tenente de Alcalde no seu concello de Dodro.