Encontro con David Bonvehí (Presidente do PDeCAT)

Co obxectivo de incrementar as relacións políticas co partido político catalán de perfil ideolóxico semellante ao Partido Galego, tivo lugar este venres 27 de agosto un encontro en Ourense entre varios membros da Comisión Permanente do PG co Presidente do PDeCAT David Bonvehí.

A coincidencia política vai máis alá da propia sintonía ideolóxica, abordáronse temas territoriais no senso de camiñar cara uns Estados Unidos de Europa, o que nos debe levar a reconfiguración territorial da península ibérica. 

A política da moderación e da centralidade fai que teñamos coincidencia na estratexia de resolución dos problemas da cidadanía tanto no plano económico como social, medioambiental, etc.

Estamos nun período de avance orgánico que se vai materializar entre o último trimestre deste ano e no primeiro do vindeiro.

Este foi por tanto, un encontro de reafirmación da colaboración de dúas forzas políticas que temos como obxectivos servir á sociedade nos nosos respectivos países Galicia e Cataluña.

De esquerda a dereita: Suso Ares, Maxi Vázquez, David Bonvehí, Xosé Mosquera e Xosé Antón López