Membros do Consello Nacional

Xosé Mosquera Casero 
Presidencia

Ourense. Con experiencia política en diferentes proxectos políticos, partindo do seu referente ideolóxico no PNG-PG.

Maximino Vázquez Salvado
Secretaría Xeral

Santiago. A súa experiencia política provén do socialismo galeguista. A definición persoal pode asociarse á firmeza e coherencia política no ideario do PG.

Xesús Ares Gómez (Suso)
Coordinación Xeral

Boqueixón. Implicación dende os anos 90 no nacionalismo e galeguismo, sendo electo no ano 95 na Corporación Municipal do seu concello. Promotor e impulsor dun proxecto político previo ao PG. 

Mª Montserrat Almozara Cordeiro (Montse)
Secretaría N. de Finanzas

Santa Comba. Referente social pola súa traxectoria de coherencia política, unha activa e ideóloga do galeguismo que representa de forma idónea o PG.

Francisco Villanueva (Paco)
Coordinación Territorial de Lugo

Lugo. Experiencia política no ámbito do nacionalismo.

Referente político e social, persoa de fortes conviccións de País, e un ideólogo do galeguismo que representa o PG.

Antonio Díaz Rodríguez 
Secretaría Local de Melide

Melide. Concelleiro de Facenda na lexislatura 2007-2011. Amplia traxectoria de implicación política no nacionalismo e galeguismo

Beatriz Estévez Fontenla (Betina)
Secretaría Nacional de Servizos Públicos

Santiago. Experiencia política no ámbito do socialismo galeguista. Participou como candidata á alcaldía de Santiago polo PG nas Municipais’23

Paula Villar Iglesias
Secretaría Local lde Touro

Touro. É a S.L. máis nova do PG, pero ten un talento político como os de máis experiencia. Todo unha promesa política.

José Manuel Liñares
Secretaría Local de Trazo

Trazo. Foi candidato á alcaldía polo PG nas municipais ’23. Referente solcial implicado en múltiples entidades asociativas e incansable traballador. Ten madeira para ser alcalde de Trazo.

César Pazos Carrero
Secretaría Local de Vigo

Vigo. Máis de 40 anos vinculado ao galeguismo fan deste patriota un referente recoñecido máis alá do seu concello. Un activo de País con traxectoria en diferentes organizacións ate concluír no PG o cal considera a bandeira para chegar a meta que Galicia precisa para ser de seu.

Marcial Vázquez Ferreiro
Secretaría N. Ordenación do Territorio e Vivenda

Ourense. Toda unha vida vinculada ao galeguismo político. Participando en varios proxectos políticos con un fondo común.

Moisés Domínguez Rodríguez
Secretaría Local

Ribeira. Traxectoria no ámbito social, sendo partícipe a nivel estudantil e na súa propia parroquia de Oleiros.

Franco Vidal Anxo
Área de Emprego e Igualdade. Coordinador Territorial

Dodro. Experiencia política dende o ámbito galeguista, chegando a exercer de Tenente de alcalde do seu concello.

Henrique Geada Arca
Secretaría Local e Coordinación Territorial da Mariña

O Valadouro. De familia galeguista, participou activamente en varios proxectos políticos nunha evolución cara o galeguismo auténtico.

Gabriel Pousada Gulías
Secretaría Local de Lalín

Lalín. Persoa de firme convicción galeguista, está a ser referente do PG na capital do Deza.

Xosé Antón López Fernández 
Secretaría N. Xurídica e Empresas

Santiago. Experiencia política no ámbito do socialismo galeguista, e activo referente no político e social.

Anxo Ares García

Secretaría Local da Agrupación de Santa Comba

Honestidade, humildade, rigor, firmeza… cualidades e valores deste compañeiro que leva a bandeira da ilusión do cambio tan necesario en Santa Comba

José Manuel Parada Maroño 
Coordinador Agrupación de Arzúa

Arzúa. Militancia galeguista permanente, fonda convicción da emancipación galega, e sempre a disposición de avance.

Xosé Ramón Perol Uzal 
Secretaría de Servizos á Afiliación

Padrón. Implicado no galeguismo dende hai máis de 20 anos, de fortes convicións de País e do necesario progreso económico no que está vinculado a nivel profesional

Modesto Parga Costa
Secretaría Local de Ponteceso

Ponteceso. Traxectoria política desenvolvendo actividade no plano organizativo. Referente social en concreto no mundo do deporte.

Sabugueiro Bouzas Mª Luísa

Coordinadora da

Agrupación de Rois

Samoelle Nieto Marta

Coordinadora da

Agrupación de Baiona

Torres Vigo Lucía

Coordinadora da

Agrupación de Boqueixón

Carlos R. Ouro Núñez

Secretaría Local

Agrupación de Lugo