Xosé Mosquera Casero
Presidencia
Ourense. Con experiencia política en diferentes proxectos políticos, partindo do seu referente ideolóxico no PNG-PG.
Maximino Vázquez Salvado
Portavoz
Santiago. A súa experiencia política provén do socialismo galeguista.
Xesús Ares Gómez
Área de Coordinación
Boqueixón. Concelleiro-Portavoz entre 1995-1999, e dende o 93 ate a actualidade exerceu no deseño de estratexias e coordinación internas do galeguismo e nacionalismo.
Óscar Casáis Montemuíño
Área de Organización
Ribeira. Coordinador da implantación na Comarca do Barbanza do ámbito do galeguismo nos últimos anos.
Mª Montserrat Almozara Cordeiro
Área de Finanzas
Santa Comba. Coordinadora da campaña electoral Municipais’19 no seu concello, onde saíu electa no 2º posto da candidatura como concelleira.
Xabier Vázquez García
Área Política Municipal
Monterroso. Amplia traxectoria de colaboración política no ámbito nacionalista galeguista. Concelleiro-Portavoz dende 2019.
José Antonio Díaz Rodríguez
Área de Empresas
Melide. Concelleiro de Facenda na lexislatura 2007-2011. Amplia traxectoria de implicación política no nacionalismo e galeguismo.
Paula Mª Rey Gómez
Área de Autónomos
Carballo. Amplia traxectoria política dende o ano 2007 coordinando candidaturas municipais no ámbito do galeguismo onde o primeiro referente de implicación foi TeGa.
Anxo Manuel Franco Vidal
Área de Emprego
Dodro. Exerceu como Tenente-alcalde no período 2007-2011. Experiencia política de implicación antes e posterior ao período de mandato indicado.
Rubén Villasenín Iglesias
Área de Medio Ambiente
Vedra. Implicado en movementos sociais, lidera unha entidade de educación ambiental con dilatada traxectoria no desenvolvemento de programas de divulgación, capacitación e acción ambiental.
Lorena Fernández Iglesias
Área de Comunicación
Vigo.Técnica en programación de redes. Implicada dende hai anos nos movementos asociativos e culturais de Vigo e contorna.
Xabier Pintos Pena
Área do Medio Rural
Teo. Foi candidato á alcaldía de Teo nas Municipais do 2019. Activista implicado en entidades sociais da cultura e ambientais.
Xavier Fontaíña Falque
Área Web e Deseño Técnico
Ribeira. De fortes conviccións de País, implicado no ámbito galeguista, vincula a súa experiencia profesional polo ben común de Galicia.