CENTRALISMO FERROVIARIO

Centralismo ferroviario

A economía galega require para viabilizar o seu desenvolvemento dunha conexión ferroviaria rápida para levar as súas mercadorías a Europa e dunha conexión ferroviaria de alta velocidade con Portugal, En ambos os dous casos as devamditas conexións haberían conectar tamén os sistemas portuario e aeroportuario galegos coa Europa e co porto de Leixoes e aeroporto Sá Carneiro do Porto.

Porén, seica o Goberno do Estado ten outros plans. Porque ven de quitar o documento Mercancias 2030 no que exclúe ao noso país da autoestrada ferroviaria que conectaría o Atlántico peninsular co conxunto de Europa. Madrid, descoñecendo as recomendacións da UE e as demandas da Xunta, dos partidos políticos e dos axentes sociais galegos, aposta por conectar pos portos de Algeciras e Huelva coa capital do Estado e por conectar os portos de Leixoes, Lisboa e Sétubal vía val do Douro coa liña Salamanca-Valladolid-Burgos-Euskadi-Francia. Se queríamos superar a radialidade centralista velaiquí as dúas cuncas.

Polo que atinxe á conexión ferroviaria con Portugal trátase dun proxecto de vertebramento transfronteirizo que acadaría sempre un cumprido financiamento europeo, moito máis no contexto dos fondos Next Generation. O Goberno portugués prioriza a conexión Lisboa-Porto-Braga-Minho-Galicia a respecto dun AVE Lisboa-Extremadura-Madrid que non lles interesa.

O Goberno do Estado prioriza este AVE e adia indefinidamente a programación das obras precisas para a saída sur de Vigo. Empresas como o grupo alemán Deutsche Bahn agardan por esta conexión para licitar pór A Coruña e Santiago a dúas horas do Porto e menos de tres horas e media de Lisboa. Un espazo económico e cultural común, de sete millóns de habitantes (a Gallaecia que integraría Galicia e o Norte de Portugal) agarda pola progresión xeométrica de sinerxias e potencialidades que este proxecto xeraría.

O arquitecto galego Xosé Lois Martínez suxire aqueladamente que todas as administracións locais do espazo atlántico, Universidades galegas e principais axentes económicos e sociais lle dean un grande pulo social e mediático, como proxecto de País, a esta saída sur por camiño de ferro de Vigo, seguindo o ronsel da tradición galega previa a 1936 na que eran os concellos e forzas económicas e sociais de progreso de Galicia os que promovían e pulaban polas infraestruturas ferroviarias que o País precisaba. Sen dúbida, tanto neste grande proxecto como no da autoestrada ferrovaria de mercadorías a Europa cómpre pormos a intelixencia, a forza e a economía nacionais diante das pantallas, mais tamén na rúa, para obter o que o Estado nos quere negar.

Malia todo, cómpre lembrar que estes atrancos son propios da conformación esencial do Estado. Só se resolven con autogoberno e visión autocentrada. Só se resolven dende a soberanía.

          X.Antón (Avogado)

47 thoughts on “CENTRALISMO FERROVIARIO

  1. Immapbate Reply

    The most common Cialis tablets are prescribed by dentists that are typically sold in packs of 20 or 30 tablets, or by an individual cheapest cialis This is for orders from the UK, the USA, the EU, Australia and 14 up to 30 days for the rest of the world

  2. sydropy Reply

    I m just skeptical and hesitant of taking Mucinex I have some from my last cold , for something other than what it s intended for. clomid forsale Being wrinkle-free won t do much good.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *