Para baixar o programa electoral, premer no pdf

 

BARBADÁS é un dos concellos onde o PG presenta candidaturas a abrangue a 7 partidos xudiciais repartidos por Galicia

Máis de 215.000 galegos e galegas van ter a oportunidade de poder votar ao Partido Galego, ademais de poder decidir 12 alcaldías entre elas Lugo e Santiago.

A Executiva Nacional ben de valorar positivamente a presentación das candidaturas do galeguismo político máis consciente e coherente que pretende trasladar as corporacións municipais unha nova forma de facer política, dende o consenso, dende a utilidade, cos pés na terra e con orgullo de País.

As candidaturas do PG son unha expresión de equipos solventes con experiencia, nunha boa parte dos casos son lideradas por persoas que xa son actualmente concelleiras e concelleiros, persoas que con traxectoria política e social que reafirman a vocación de facer política con corazón, con convicción por e para o pobo, por e para a veciñanza.

Sabedores da imaxe negativa actual que moita xente ten da política, constatouse nesta “campaña” de configuración de candidaturas, que hai unha ampla maioría de veciñanza que xa non lle convencen os partidos que están agora no Parlamento Galego, e buscan algo novo, un novo partido que lles aporte ese senso común de volver a facer política do sentimento, da honestidade e de valores, por iso se presentan ilusionadas nas candidaturas do Partido Galego.

Como exemplo dos grupos municipais que se conformaron a carón das novas candidaturas do PG, está a de Barbadás.