Aberri Eguna (sentimento dun pobo)

Dende o Partido Galego queremos felicitar ao POBO VASCO pola celebración do seu día nacional, do seu día de referencia política que cataliza o sentimento de País, elevado a unha expresión de festa política e de reafirmación do ser e estar. Orgullosos de ser vascos, orgullosos do que son e do que representan dentro da península Ibérica e da UE. 

Dende o Partido Galego, estaremos sempre a sumar políticas e estratéxias que unan vontades e solucións tanto para os respectivos países como para beneficio do conxunto do Estado, estratexias que nos permitan avanzar nunha nova fase de reforzo estatutario e territorial, na busca do benestar social e na equiparación de dereitos e niveis económicos que agora xa disfruta a sociedade vasca. 

Ánimo pois a todos os vascos e vascas que co seu esforzo político comprenderon dende hai moitas décadas que o benestar social está directamente relacionado coas maiores cotas de autogoberno. 

Son por tanto conscientes e nós compartimos con eles a ledicia que supón a celebración política, festiva e social, dun día tan memorable como é o Aberri Eguna.