8 DE MARZO, Día Internacional da Muller

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
 
Somos iguais, non me limites….Déixame avanzar.
Esta foi a frase escollida polo Partido Galego para este 8M.
Porque as mulleres somos igual de competentes que calquera home, cas mesmas capacidades e é de Xustiza ter as mesmas oportunidades.
“Non me limites”: moitas veces as mulleres vémonos limitadas pola sociedade, polas administracións, pola cultura e tradición patriarcal que se foi pasando de xeración en xeración. A educación en igualdade e o apoio das administracións teñen que acadar un cambio nese pensamento do século pasado.
“Déixame avanzar”: cada muller ten que ter a liberdade de desenvolver o seu potencial laboral e de competir en igualdade de oportunidades con outra muller ou con outro home.
Os símbolos escollidos para a imaxe deste día da muller traballadora foron:
🔼 recordando a forma dunha casa, pois a muller e o eixo central do fogar.
🔽 representando un útero materno e a V da vida que só unha muller pode dar.
 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *