No PG estamos a favor das enerxías renovables sen ningún tipo de dúbidas
Este ano toca dar un berro de alerta contra o abuso de determinados parques e/ou aeroxeradores eólicos
Dado o aumento do consumo de enerxía eléctrica actual como incluso maior a curto prazo, fai que a política de implantación de parques de produción de enerxía se dispare e faga aflorar unha serie de problemas que no canto de resolverse a través dunha política axeitada por parte do PP no goberno da Xunta, e mesmo do PSOE-U.Podemos no goberno de Madrid, están uns e outros a favorecer determinados intereses lesivos para Galicia.
Os parques eólicos son a expresión máis significativa de como se fan millonarias determinadas persoas a conta dun BEN COMÚN, como é o aire, o sol, a auga e en moitos casos o territorio que non é so patrimonio dos propietarios directos.
Por tanto dende o PG propoñemos publicamente que se deben artellar políticas para:
- Autosuficiencia enerxética debe ser por e para Galicia en primeiro termo.
- O capital vinculado á produción debe ser maioritario da administración galega da Xunta.
- Os impostos da xeración e comercialización deben abonarse integramente en Galicia
- Sufragar a particulares, empresas, comunidades, etc a porcentaxe equivalente aos custos ou perda de ingresos que xera toda industria produtora e de transporte da enerxía.
- Implantar unha tarifa eléctrica particular galega, onde se contemple a exención de peaxes de transporte, a redución do ive ao 4%.
- Dende a Xunta de Galicia débese exercer con rigor e dignidade a protección das zonas protexidas e zonas habitadas, organización e ordenación do territorio para poder dispoñer neste País dunha rede de parques xeradores de enerxía pero que non sexan lesivos para a sociedade.