25x. Día Nacional de Galicia

25x. Día Nacional de Galicia

O Partido Galego (PG) celebrou este Día Nacional de Galicia cunha axenda na que se compaxinou o traballo orgánico co obxectivo político de País na reorganización dos grupos galeguistas e na xornada festiva de lecer.

Monterroso foi o concello elixido para este ano por ser un concello con historia representada na Torre das Penas, no camiño e no miliario do campo de Caracacho,  lugares que deron pé ao acto político na Torre, e á ruta de sendeirismo pola ruta que nos leva ao miliario.

Monterroso tamén ten a particularidade de estar xeograficamente na zona centro de Galicia, o que simbolizou nesta ocasión (tal como se representou no cartel de convocatoria), o significado do “centro”, pois a liña política do galeguismo está situada na centralidade política, e tamén no obxectivo da reorganización dos diferentes grupos galeguistas para centrarse no Partido Galego.

A dirección do partido avaliou o cumprimento dos obxectivos marcados, pois a xornada foise desenvolvendo segundo o programa previsto e a participación de novas incorporacións ao PG como Carlos ou Betina das novas Agrupacións de Lugo e Santiago reforzan a estratexia de candidaturas nas cidades.

O apoio aos retos que o PG está levando a cabo contou coa participación activa de Fernando Alonso como Secretario Xeral de Coalición Galega.

As intervencións de Moisés en representación da mocidade con un discurso realista e de marcada ilusión de cara un futuro a construír coas políticas do PG no eido da mocidade, nunha Galicia que está chea de recursos que deben traducirse en oportunidades. Mosquera como Presidente e Maxi como Portavoz Nacional afondaron na idea da concentración parcelaria dos grupos galeguistas no Partido Galego, no marcado carácter de política galeguista e centrista, así como o máximo respecto á autonomía municipal dos grupos municipais e previsibles alcaldías do PG, estes foron os piares das intervencións políticas desta xornada.

Monterroso, 25 de xullo de 2022

Reunión da CX

intervencións na Torre das Penas

detalle da ruta sendeirismo

xunto ao miliário de Caracacho

xantar de confraternidade

1 thought on “25x. Día Nacional de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *